Alén da casta
Un ensaio sobre o poder e as clases sociais no século XXI
Xabier Pérez Davila

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2016
DescripciónRústica con lapelas, 212 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-8487-309-9
Sinopse
A crise financeira, transformada rapidamente en crise económica, social e política, aviveceu a crítica da desigualdade económica e a denuncia dun- ha pequena minoría de empresarios e políticos que goberna a sociedade ao servizo dos seus intereses, unha casta enfrontada á maioría social.
É posíbel comprender a sociedade ignorando os conceptos de poder, xerarquía e clase social? Existe, aínda, a loita de clases? Quén leva a ini- ciativa, a minoría poderosa ou a maioría subalterna?
Este texto describe as clases sociais tal como se configuran na primeira década do século XXI. Unha nova clase, a clase corporativa internacional, desenvolve, desde hai 40 anos, unha organizada, intelixente e teimuda ofensiva para aumentar a súa riqueza e poder e eliminar as conquistas históricas das clases traballadoras, da gran maioría social.
O resultado desta ofensiva é un enorme aumento da desigualdade na distribución da renda e a riqueza e un extraordinario ascenso da concen- tración do poder económico e político, paralelo ao aumento da pobreza, a exclusión social e a precariedade.
Un percorrido desde o cume do poder económico e político até as vidas precarias de millóns de traballadoras e traballadores.'
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 16.92 €
4% I.V.E. 17.60 €
Club 16.72 €

Engadir ao carro