Escrita doada
Consellos para redactar ben
Benxamín Dosil López

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2015
DescripciónRústica con lapelas, 246 páxs.; 17 x 24
ISBN / ref 978-84-9914-826-7
Sinopse
Escribir ben é unha habilidade que calquera persoa querería para si. En ocasións, pode parecernos fácil expresar por escrito aquilo que temos na cabeza, mais, cando nos poñemos á faena, decatámonos de que quizais non é todo tan achanzado como planearamos. Así e todo, a escribir tamén se aprende. Con este libro Benxamín Dosil farache doado o acto da escrita resolvendo as túas dúbidas ao respecto. Darache recursos e trucos para que saias axiña dos atrancos, indicacións que che servirán para comunicarte mellor e, tamén, para estudar con máis axilidade. Elaborarás esquemas, desenvolverás ideas conectándoas de distintos xeitos e mellorarás a túa redacción. En Escrita doada o autor recolleu abundantes aspectos da súa experiencia profesional, enriquecidos coas achegas dos mellores mestres na materia. A obra foi concibida como un manual de consulta que reúne un cento de epígrafes formadas por abundantes exemplos ilustrativos, cadros e gráficos para entender mellor a escasa carga teórica que aconsella sobre as mellores solucións, as máis sinxelas, claras e concisas. Vai acompañado dun glosario con máis de mil cincocentas voces que poden resultar dubidosas na nosa lingua. Agora é teu. Aprovéitao!
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Obras de referencia

Conta andel
Carriño

Importe 19.23 €
4% I.V.E. 20.00 €
Club 19.00 €

Engadir ao carro