Marcelino Gómez Arias
Perfecto Ramos Rodríguez

Editorial Vigo. Edicións Redelibros, 2014
DescripciónRústica con lapelas, 458 páxs.; 16 x 23
ISBN / ref 978-84-940538-9-4
Sinopse
Marcelino Gómez Arias naceu nunha humilde familia da montaña do occidente asturiano a fins do século XIX. Emigrou a América sendo case un neno, traballou e formouse pola súa conta ata conseguir acadar un alto nivel intelectual, ao adquirir estudos políticos, xurídicos, xornalísticos e sociolóxicos.
Con 23 anos entrou a formar parte da historia do Uruguai ao participar na súa última gran guerra civil, da que nos deixou un dos poucos relatos pormenorizados que existen do que foi esa contenda. Desde Arxentina, participou activamente na formación de organizacións republicanas españolas e viaxou á Galiza para dirixir un levantamento republicano no ano 1905. De regreso na Arxentina, fundou o Partido Republicano Español en la Argentina e o xornal La España Moderna.
Máis adiante, instalouse en Lisboa para intentar de novo o derrocamento da monarquía española, e participou no movemento que instauraría a República en Portugal. Alí retomou a edición do xornal La España Moderna e, unha vez clausurado este, comezou a edición de El Clamor Español.
Marcelino regresou definitivamente a Galiza desde onde puxo en marcha o proxecto da granxa Tierra Libre e publicou os xornais Tierra Libre e El Amigo del Pueblo. Foi un dos fundadores da «Liga Española para la defensa de los Derechos del Hombre» e chegou a presidir a Sociedad Española de Artistas Notables.
Marcelino Gómez Arias escribiu e publicou numerosos artigos e obras socio-políticas ao longo da súa vida. Foi un home pouco común, comprometido na loita pola instauración da República e contra do caciquismo, pola que sacrificou a súa vida e a da súa familia.
A súa loita provocou que morrese de forma prematura á idade de 43 anos.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Obras de referencia

Conta andel
Carriño

Importe 23.56 €
4% I.V.E. 24.50 €
Club 23.28 €

Engadir ao carro