Margarida a da sorrisa d'aurora,
de Evaristo Correa Calderón: o primeiro conto infantil galego de autor
Xulio Pardo de Neyra

Editorial Dos Acordes, 2013
DescripciónRústica con lapelas, 78 páxs.; 17 x 24
ISBN / ref 978-84-941322-4-7
Sinopse
Margarida a da sorrisa d'aurora non é simplemente un relato, un conto infantil escrito e imprentado na Galiza primorriveriana. Margarida a da sorrisa d'aurora dá contas dun especialísimo tempo dentro da nosa traxectoria literaria: dentro da Época Nós, concretamente no calificado como a "xeración da vangarda", é onde podemos situar a actividade dun intelectual que, como Correa, decidiu dar forma a unha noticia estética literario-política por medio dunha á xeracional que se chamaba "a nova xeración galega". Empero tal documento signifícase cando moito máis que un conto para meninos e meninas: agachando a vontade dun grupo intelectual definido, a percepción dun vangardista que, apesar de tales degoxos, non pode abstraerse do seu sentimento machista e, sobre todo, refletindo a aposta dun escritor por unha literatura que, como a galega, aínda non contaba conha aparataxe propiamente dirixida para os máis pequenos e pequenas.

Contén reprodución facsimilar do orixinal editado por LAR.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 11.54 €
4% I.V.E. 12.00 €
Club 11.40 €

Engadir ao carro