Tambo
Laura M. García Ferro, Víctor A. Castro Martínez

Editorial Ponte Caldelas. Cumio, 2013
DescripciónCapa dura, 64 páxs.; 24 x 23 + CD + DVD
ISBN / ref 978-84-8289-470-6
Sinopse
Tambo é un proxecto multiformato que integra nunha soa obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal.
Naceu dunha actividade dinamizadora da biblioteca escolar do C.E.I.P. do Carballal de Marín na que o alumnado elaborou un relato que anos máis tarde propiciaría unha irmandade co C.E.I.P. A Pedra de Bueu.
Presenta unha esencia claramente educativa.
Todo o proxecto está tinguido de transversalidade tratando valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade.
Preparádevos para gozar con contos convertidos en canción, cancións mudadas a imaxes e imaxes transformadas en coreografías.
Sen dúbida temos ante nós un libro disco para pequechos, maiores e profesionais do ensino que presenta tódolos ingredientes para pasalo ben coas andainas dunha tartaruga ben simpática.

Contén:
• 13 contos orixinais ilustrados cun fío común

CD de audio
• 13 cantigas en diferentes estilos

DVD
• 13 animacións dinámicas 
de Stop Motion con karaoke
• 6 coreografías gravadas 
por nenas en exteriores
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 21.15 €
4% I.V.E. 22.00 €
Club 20.90 €

Engadir ao carro