José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde
Xaime Iglesias González

Editorial Santiago de Compostela. Urco Editora, 2013
DescripciónRústica con lapelas, 222 páxs., 15,5 x 23
ISBN / ref 978-84-15699-28-6
Sinopse
José Silvent Martínez non naceu en Galiza, pero respirou aires galegos desde novo. Acadou unha popularidade sen precedentes cun espectáculo ambulante, que percorreu festas e romarías, no que os monicreques, sinaladamente o heroe Barriga Verde, eran o elemento máis atractivo. A presente publicación, elaborad con agarimo e rigor, trata de dar a coñecer a vida, arte e realizacións deste titiriteiro, sen dúbida, o máis popular da nosa terra durante o século pasado, quen, polas súas excepcionais calidades persoais e artísticas, converteuse no mítico Barriga Verde para o público, que o aplaudía afervoadamente, así como para boa parte dos bonequeiros galegos. Con linguaxe coloquial e estilo sinxelo, o autor sitúao nos contextos social e histórico e destaca a relevancia que tivo seu espectáculo de monicreques para a nosa lingua e para a nosa cultura, pois os bonecos falaban galego, nun tempo que estaba desprezado e mesmo perseguido.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 14.42 €
4% I.V.E. 15.00 €
Club 14.25 €

Engadir ao carro