Sobre ruínas
[Poemas para o combate nun tempo de vencidos e derrotas]
Xesús Rábade Paredes

Editorial Santiago de Compostela. Editorial Alvarellos, 2013
DescripciónRústica con lapelas, 102 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-89323-50-6
Sinopse
Poemas para o combate neste tempo de vencidos e derrotas. Unha poesía de altura sobre ruínas e fronte a elas. Estes novos versos de Xesús Rábade Paredes (Seixas, Cospeito-Lugo, 1949) son un berro para espelir aos rendidos. Tamén un laio contra a desolación. Álzase neles a voz contra os malditos, os ruíns e os mercadeiros. O universo literario, en fin, dun dos nosos mellores creadores.

No poema titulado “Devastación”, dise: “Quizais é que exhibimos en exceso / a infinita paciencia. / Que na mesma mirada delatamos, / como os peixes e as vacas, / a tristeza xenética”.

“Atoparás aquí, lector, cousas que che fagan pensar e cousas que te conmovan (…). O único valor da arte, dixo alguén, é lembrarnos que a vida é o que importa. (María do Cebreiro, no Limiar).
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 10.58 €
4% I.V.E. 11.00 €
Club 10.45 €

Engadir ao carro