kleinigkeiten/cousiñas
María Reimóndez

Editorial Fabulatorio, 2013
DescripciónRústica, 64 páxs.; 14 x 21
ISBN / ref 978-84-940115-2-8
Sinopse
o reverso das cousiñas pequenas

se cadra foi no ano 2010 cando comecei a escribir os meus primeiros poemas en alemán, daquelas cunha única persoa como público. mais a miña estadía na casa de artistas Villa Waldberta en 2011, promovida polo Instituto Cervantes de Múnic e o Kultureferat do Concello de Múnic, deume sen dúbida a oportunidade de afondar na lingua que dende tanto tempo xa me habitaba. kleinigkeiten/cousiñas é o resultado deste proceso e ao tempo unha viaxe de reverso no que as traducións van no sentido contrario. cousiñas é un poemario escrito orixinalmente en alemán e que polo afecto espontáneo dos meus editores espellou inesperadamente na lingua galega, algo que inicialmente non era o seu obxectivo. traducir este libro resultou un proceso certamente peculiar porque a lingua na que escribimos determina o obxectivo da comunicación e kleinigkeiten/cousiñas foi escrito en alemán porque o seu obxectivo é tamén traer a outredade que o galego e eu mesma representamos á cerna dunha lingua e cultura central europea nunha especie de diálogo íntimo no que a lingua de poder se converte na lingua dos afectos e dos desafectos, do privado e do íntimo. e desta maneira se cadra transfórmase na máis política das linguas.

— María Reimóndez
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro