36-39 Malos Tempos
Carlos Giménez

Editorial Santiago de Compostela. El Patito Editorial, 2013
DescripciónCapa dura, 238 páxs.; 22 x 30
ISBN / ref 978-84-941109-0-0
Sinopse
Coa publicación da serie Paracuellos iniciada en 1975, Carlos Giménez (Madrid, 1941) comeza –desde o seu propio testimonio como protagonista– a súa crónica da posguerra española.
Con 36-39. Malos Tempos, orixinalmente publicada en catro tomos, Giménez aborda a realidade española durante a Guerra Civil –en concreto do sitio de Madrid–, situándose ben lonxe da visión de «guerra romántica», como o autor repite unha e outra vez. O seu retrato daqueles tempos convulsos, a través dun debuxo eficaz e de historias baseadas en feitos reais e na súa propia experiencia, aborda o medo, a fame, a crueldade dos bombardeos, o horror, as mortes irracionais, a terrible opresión..., mais, ao tempo, acolle, con tenrura, o pulo da vida cotiá alén do odio e das fondas feridas.
36-39. Malos Tempos constitúe unha crónica de vida, un achegamento fundamental á nosa historia recente, unha obra única no seu xénero que se edita en galego por vez primeira.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 28.85 €
4% I.V.E. 30.00 €
Club 28.50 €

Engadir ao carro