Cadernos Ramón Piñeiro XXVI
Rosalía na cobiza do lonxe
Varios autores

Editorial Santiago de Compostela. Xunta de Galicia, 2013
DescripciónRústica con lapelas, 158 páxs.; 17 x 24
ISBN / ref 9788445351017
Sinopse
O volume XXVI dos Cadernos Ramón Piñeiro -coordinado polos profesores Xosé Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e mais por Lorena Domínguez- é un conxunto de catorce colaboracións de especialistas na obra de Rosalía de Castro precedidas dun fermoso texto de Álvaro Cunqueiro.

Ana Acuña, Carmen Blanco, Luís Cochón, José Ángel García, María Pilar García Negro, Anxo González Fernández, Arcadio López Casanova, Xurxo Martínez González, Marina Mayoral, Armando Requeixo, Manuel Rodríguez Alonso, Claudio Rodríguez Fer e Andrés Torres Queiruga analizan aspectos diversos da poesía, da biografía, do contexto cultural, das relacións con outros escritores etc. Deste xeito, a diversidade de enfoques e de motivos danlle amenidade e interese a esta colectánea rosaliana.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 5.38 €
4% I.V.E. 5.60 €
Club 5.32 €

Engadir ao carro