Presenza dunha Ausencia
(Sobre Maurice Blanchot)
Anxo Rei Ballesteros

Editorial Rianxo. Axóuxere, 2013
DescripciónRústica con lapelas, 136 páxs., 13 x 21
ISBN / ref 978-84-941379-1-4
Sinopse
Prólogo de María Xesús Armada Introdución e notas críticas dos editores Reprodución de fragmentos do orixinal manuscrito Tríptico fotográfico interior de Juan Carlos Navarro
CO SUBTÍTULO de Sobre Maurice Blanchot, este ensaio inédito de Anxo Rei Ballesteros reflexiona sobre a obra L’espace littéraire do citado autor francés, dun xeito persoal, dunha maneira que tan só o vertixinoso pensamento de Ballesteros pode facer. Atopado, tras a súa morte, entre os papeis manografados que deixara almacenados no seu estudo, este ensaio ten a virtude de poñernos en tensión, de facernos cuestionar a nosa relación (violenta, sacrificial) co literario, e esencialmente con todo aquilo ao que nalgún momento histórico se lle chamou “comunidade”. É claro que a pluma de Anxo percorre todos os tópicos centrais da tradición europea do pensar (desde a metafísica até a literatura shakesperiana), pero hai algo que alarmante chama en todo momento desde ese gume fino que atravesa o escrito: a visión do orixinario (daquel ereignis heideggeriano), da súa poderosa recorrencia destrutiva e creativa a un tempo, esa repetición constante de todo o diverso no máis sinxelo e simple, tal vez no máis indixente, no máis patético. A radicalidade do pensamento de Ballesteros ponse en contexto coa radicalidade -semellante, equiparable- dos pensadores franceses do mal chamado “posestruturalismo” (Deleuze, Foucault, Blanchot, etc.), para facernos pensar na cerna que palpita e pula no interno darse da nosa petrificante relación coa morte (binomio excelente entre o presente e o ausente), e interrogarnos de modo agresivo sobre a constitución primordial que dá valor ao noso existir como humanos. Atopado nun estado de non conclusión, o ensaio porén conserva unha estraña aura, un fulgor que brilla desde o seu adentro. Tras un traballo fondo, poñemos á disposición do lector unha obra que tal vez marque un pequeno (humilde e imperceptible) fito no despregue da ensaística en galego.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 17.31 €
4% I.V.E. 18.00 €
Club 17.10 €

Engadir ao carro