O refugallo
Paula Carballeira

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2013
DescripciónCapa dura, 72 páxs.; 15 x 23
ISBN / ref 978-84-9914-573-0
Sinopse
Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011

Isolda ten un libro de viaxes; Hipatia, un telescopio; Borboronte, unha tartaruga (aínda que as tartarugas non se teñen, só están contigo) e Lustucrú, unha pata de pau. Os catro viven do refugallo, co que ninguén quere. Os catro xogan xuntos a crear un mundo novo a partir do mundo vello e roto da súa contorna, porque son nenas e nenos, e saben ver as cousas doutra maneira. O refugallo trata sobre a capacidade de fabulación que nos fai transformar a realidade, recreala e reinventala, coma o mesmo teatro, que lle dá vida a obxectos e personaxes que ata o momento da representación non existían para o público.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 14.66 €
4% I.V.E. 15.25 €
Club 14.48 €

Engadir ao carro