Códice Calixtino
O Liber Sancti Iacobi en galego
Varios autores
Tradución: Xosé López Díaz

Editorial Santiago de Compostela. Xunta de Galicia, 2013
DescripciónRústica con lapelas, 700 páxs.; 17 x 24
ISBN / ref 978-84-453-5104-8
Sinopse
O Codex Calixtinus é o título que se lle dá ao manuscrito máis antigo, o da Catedral de Santiago, por aparecer nel Calixto II como autor e promotor.
O códice consiste nun conxunto de textos anteriores de carácter litúrxico, histórico e haxiográfico que pretendía servir como promoción da sé apostólica de Santiago de Compostela; ideado polo arcebispo Xelmírez ou polo seu entorno próximo foi redactado por varios autores entre 1130 e 1160 e caracterízase pola corrección do latín empregado cun valor literario.
O exemplar máis antigo, datado entre 1150 e 1160, consérvase na Catedral de Santiago de Compostela e é copia dun exemplar modelo.
Está dividido en cinco libros e nunha serie de apéndices de extensión e contidos dedicados á exaltación do universo xacobeo. Fundamental para a historia medieval de Galiza, esta é a segunda edición no que se presenta o Códice Calixtino traducido integramente á lingua galega por Xosé López Díaz.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 24.04 €
4% I.V.E. 25.00 €
Club 23.75 €

Engadir ao carro