Un día na vida de Iván Denísovich
Aleksandr Solzhenitsyn
Tradución: Martin Andor

Editorial Cangas do Morrazo. Rinoceronte Editora, 2013
DescripciónRústica con lapelas, 166 páxs., 13 x 21,5
ISBN / ref 978-84-92866-54-0
Sinopse
Iván Denísovich, un humilde labrego, é un dos millóns de cidadáns que, sen saber ben como nin por que, acaban nos campos de traballos como preso político. Acusado de ser espía tras escapar do cativerio alemán durante a guerra, Iván Denísovich é condenado a dez longos anos en Siberia. Aprenderá deseguida a arte da supervivencia e dará testemuño de que nin sequera a crueldade daquelas condicións pode crebar a unha persoa honesta e espelida. Este minucioso retrato da vida cotiá dos campos penitenciarios, infundido dunha poderosa mensaxe humanista, abraiou a sociedade soviética, por primeira vez publicamente confrontada coa realidade da represión. O seu mérito literario foi recoñecido internacionalmente coa concesión en 1970 do Premio Nobel ao seu autor. Un día na vida de Iván Denísovich é merecidamente considerado un clásico do século XX.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 16.25 €
4% I.V.E. 16.90 €
Club 16.06 €

Engadir ao carro