Pontevedra nos anos do medo
Xosé Álvarez Castro

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2013
DescripciónRústica con lapelas; 338 páxs.; 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-9914-535-8
Sinopse
Resultado de varios anos de investigación, Pontevedra nos anos do medo céntrase na represión levada a cabo na comarca de Pontevedra tras o golpe militar de xullo de 1936. O enfoque divulgativo desta obra combínase cun tratamento sistemático e global do tema, que se estrutura en tres grandes apartados: a situación político-social previa á sublevación, a trama conspiratoria coa execución do golpe, e os axentes e mecanismos da represión posterior. O emprego de fontes documentais inéditas, así como de testemuños orais, contribúe a proporcionar un tratamento novidoso no estudo do fenómeno represivo, concedendo especial atención ao achegamento ás historias da vida das vítimas. O autor da obra, Xosé Álvarez Castro, salienta a necesidade de divulgar, de contar o que aconteceu, porque a investigación perde o seu sentido cando non se perfecciona coa divulgación, e como dixo a escritora Dulce Chacón, «somos vítimas do silencio dos nosos pais e responsables da ignorancia dos nosos fillos».
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 19.52 €
4% I.V.E. 20.30 €
Club 19.29 €

Engadir ao carro