O extraordinario mundo da Ora Maritima
Xoán Bernárdez Vilar

Editorial Auto-edición, 2013
DescripciónRústica, 248 páxs., 17 x 24
ISBN / ref 978-84-616-4851-1
Sinopse
Arredor do ano 400 d. C., o procónsul e home de letras romano, Rufio Festo Avieno, compuxo un poema de enorme importancia tanto xeográfica coma histórica. Este traballo, a "Ora Maritima", da que tan só se conservan os seus 713 primeiros versos, describe unha viaxe maritima que comezaba nun punto situado no Atlántico, ao que denomina "Prominente Monte Oestrymnio, volto cara ao atemperado Noto", ao pé do que "se abre o golfo Oestrymnino e as illas Oestrymnidas, vastamente espalladas e ricas en estaño e chumbo", coas que comerciaban fenicios, tartesios e carthaxineses. A viaxe chegaba ata o actual Mar Negro, se ben que, a perda dos versos que seguían ao 713, fai que a súa información se deteña en "Massilia", a Marsella de hoxe.
A importancia da "Ora Maritima" reside no feito de que o seu autor, para a elaborar, serviuse de fontes de autores, case que todos gregos, que viviran, na súa maioría, a principios do século VI antes de Cristo, e coñeceron, polo tanto, datos históricos, xeográficos e etnogtráficos anteriores aos que nos deron a coñecer comentaristas posteriores. Pois ben, a pesar da precisa descrición que acerca do "Prominente Monte Oestrymnio", e os seus arredores, nos ofrece o poema, así como das distancias, en días, ou en soles de navegación, indica respecto aos distintos lugares que menciona, ao longo dos últimos cincocentos anos, os investigadores chegaron a moi dispares interpretacións sobre a mesma, mesmo a situar o inicio da viaxe que describe en lugares tan distantes entre sí como son o sur de Suecia e o cabo Sâo Vicente, en Portugal, e outros intermedios, lugares nos que, ademais, non existe ningún monte autenticamente prominente, volto cara ao Sur, como acerca do "Oestrymnio" indica a "Ora Maritima". Por outra banda, os datos que esta ofrece, semellantes aos doutros autores da antigüidade, permiten establecer que as naves de comezos do século VI a. C. podían desenvolver singraduras duns 200 quilómetros cada 24 ahoras, e de arredor de 140-150, navegando tan só de día, na primavera-verán.
O feito de que, varios séculos despois, Xulio César citara na península de Bretaña a existencia dun pobo denominado "Osismo", ou "Osismio", foi interpretado no sentido de o considerar como unha evolución de "Oestrymnio". Completa as conclusións dunha importan te parte dos investigadores, a de identificar a "Illa Sagrada, a dous soles do Promontorio Oestrymnio", coa de Irlanda, e á súa inmediata, a dos Albións, coa de Britannia. Mais, ao resultar completamente imposible cubrir as distancias existentes entre os distintos puntos polos investigadores suxeridos coma "Promontorio Oestrymnio", e a indicada Irlanda, así como que a "Ora Maritima" menciona nada menos que once lugares marítimos "sagrados" ou "consagrados a", así coma que non se descubrisen restos fenicios, tartesiuos ou carthaxineses máis alá das costas asturianas, alertaron en contra da idoneidade desta teoría.
Coma consecuencia, seguindo a precisas puntualizacións da "Ora Maritima", o traballo suxire identificar o "Promontorio Oestrymnio" co autenticamente prominente cabo Fisterra, situado na principal veta europea de estaño, o cal, dirixíndose cara ao sur, domina o Seno das Rías Baixas, que chegan al Cabo Silleiro, punto dende o que se poden medir os cinco días de navegación -1000 quilómetros- que o poema sinala que se necesitaban daquela para chegar ás Columnas de Hércules, as actuais Xibraltar e Ceuta. Así mesmo, as precisións de Avieno revelan que, no século VI a. C. a fachada occidental portuguesa recibía a denominación de "Ophiussa", se ben que, antes, fora coñecida como "Oestrymnia".
Completa a información sobre o controvertido punto de partida da "Ora Maritima" o dato de que "a dous soles para un barco", a partir de Fisterra, a actual Estaca de Bares ofrécenos tanto a efixie da antiquísima deidada denominada A Muller Mariña, como un prehistórico peirao, con restos fenicios, nunha parte da costa ateigada ademais de moedas súas. Así mesmo, nesta ribeira, tanto Caio Plinio coma Claudio Ptolomeo, situaron o pobo denominado dos Albións, do que, en 1933, foi atopada nas beiras do río Eo, unha lauda sepulcral do século I dedicada a Nicer Clutoso, un dos seus príncipes.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 15.00 €
4% I.V.E. 15.60 €
Club 14.82 €

Engadir ao carro