Karlotti, un poema crónico
Marcos Lorenzo

Editorial Rianxo. Axóuxere, 2013
DescripciónRústica con lapelas, 322 páxs., 10,5 x 15
ISBN / ref 978-84-941379-0-7
Sinopse
Por que hai xente cunha especial habilidade para vivir ben? Como logran extraerlle á vida todo o seu zume? Este libre é o primeiro dunha serie que busca coñecer as claves para unha vida boa, considerada esta como un saber e unha arte. Empregando a técnica da historia da vida, o autor achéganos ás peripecias biográficas dunha galería de personaxes que, aos seus ollos, encaixan na categoría sublime do vividor. A diferenza dos manuais de autoaxuda, non trata de combater os males anímicos que nos azoutan mediante (falsas) receitas universais, senón de potenciar as nosas propias capacidades vitais servíndonos do exemplo de outros. Porque nesta materia o experto pode ser calquera. A primeira entrega está dedicada ao poeta gurú do underground ibérico Juan Carlos Valle "Karlotti". Un home que non precisou dunha nutrida contra corrente para inventar unha vida asombrosa e, en moitos aspectos, envexable.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro