Festival
César Aira
Tradución: Juan Tallón

Editorial Iñás (Oleiros). Editorial Trifolium, 2013
DescripciónRústica con lapelas, 98 páxs., 14 x 22
ISBN / ref 978-84-940297-7-6
Sinopse
Traducida ao galego polo escritor Juan Tallón, “Festival” é unha obra inédita que ve a luz en galego antes que en calquera outra lingua, por expreso desexo do autor. O director de cine belga Alec Steryx chega á cidade para presidir o xurado do Festival de Cine Independente. Pero para sorpresa dos organizadores, todos admiradores dunha prodixiosa obra consagrada á ciencia ficción de clase B, o realizador europeo non chega só. Steryx aparece no aeroporto acompañado da súa nai nonaxenaria. Personaxe caracteristicamente aireano, esta vella dominante e caprichosa axiña bate co mundo "cool" que reina no cinema independente, o que provoca unha explosión de contrariedades e absurdos, sinais de identidade da literatura de César Aira. O autor máis prolífico da literatura arxentina proponnos un artefacto no que a patada inicial é só o arranque dun relato no que as digresións do autor, cargadas de fondura ensaística e ironía, novamente abren inesperados camiños que reorganizan o material narrativo sobre a marcha.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 16.35 €
4% I.V.E. 17.00 €
Club 16.15 €

Engadir ao carro