Onde estás, Caracol?
Susanna Isern
Ilustración: Leire Salaberria

Editorial Pontevedra. OQO editora, 2013
DescripciónCapa dura, 44 páxs.; 25,5 x 24
ISBN / ref 978-84-9871-465-4
Sinopse
Naquela montaña,
o sol e a chuvia ían e viñan todos os días.
Polas mañás brillaba o sol
e as lagartiñas corricaban.
Polas tardes chovía
e os caracois ían pasear.
Polas noites brillaba a lúa
e os grilos cantaban.
Unha tarde empezou a chover
e, mentres corría para a casa, Lagartiña cruzouse con Caracol,
que, nese momento, asomaba a cabeza.
Este encontro casual supón un auténtico frechazo para Lagartiña, quen decide saír á procura de
Caracol cada día. No entanto, comatantos outros relatos clásicos de amor, a relación de Caracol e  Lagartiña parece imposible. Se, noutros relatos, os obstáculos proveñen de pertencer a clases diferentes, neste caso, a especies dispares: Caracol non pode saír ao sol, xa que queda seco, e agarda escondido dentro da súa cuncha a que comece a choiva. Pola contra, Lagartiña enferma ao mollarse.
Debido a estas circunstancias, as dificultades para poder atoparse preséntanse insuperables, ao ser contraproducentes para ambos. Con todo, o amor todo o pode. Estamos ante unha historia de constancia por parte dos dous protagonistas e tamén de loita contra a adversidade, aínda que esta sexa, principalmente, meteorolóxica. Consecuentemente, Caracol e Lagartiña terán a súa merecida recompensa, como adoita suceder cando hai tenacidade e nos guían os bos sentimentos.
Onde estás, Caracol?
Esta é a “bonita mensaxe” que intentou trasladar neste conto a escritora Susanna Isern. A autora de Pilú Pilú! e Oso Atrapabolboretasestá convencida de que na vida, “se dous se queren e se esforzan en conseguilo; todo é posible con ilusión e un pouco de imaxinación”.
Esta idea foi tamén a que guiou o traballo de Leire Salaberria, quen procurou principalmente, que as súas ilustracións fixesen partícipes, en todo momento, os lectores da “bonita historia de amor” entre os dous protagonistas: Caracol e Lagartiña.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro