Intres
(poemas)
Manuel Fabeiro Gómez

Editorial Noia. Editorial Toxosoutos, 2013
DescripciónRústica, 104 páxs.; 13 x 21
ISBN / ref 978-84-15400-94-3
Sinopse
Manuel Fabeiro Gómez (1916-1992) fixo das vilas de Muros e Noia dous motivos recorrentes do seu quefacer intelectual e as dúas formaron parte de estudos e traballos históricos, heráldicos, filatélicos, xornalísticos... e tamén poéticos, un universo no que a patria de nacenza e a de acollemento agroman como marcas senlleiras e indelebles, ceceladas no brasón da súa vida.

Boa parte da obra do escritor está espallada por numerosas publicacións periódicas e xornais, de dentro e fóra de Galiza, e configura un importante corpus literario e ensaístico que debemos rescatar. Entre o material que cómpre irmos recuperando ve a luz INTRES, poemario en galego, inédito no seu conxunto, que o autor organizou coma un libro por volta da década dos 40 do século pasado e que ficou acubillado e en silencio deica agora. O libro súmase a outros dous moi significativos de Manuel Fabeiro, Follas de un arbre senlleiro (1951) e Quechemare da saudade (2010), nos que afloran os trazos poéticos esenciais, os motivos recorrentes e a cerna íntima do muradán.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 11.54 €
4% I.V.E. 12.00 €
Club 11.40 €

Engadir ao carro