PNO!
Na Ponte!
Varios autores

Editorial PAI Música, 2012
DescripciónCapa dura, 172 páxs.; 17 x 25 + CD + DVD
ISBN / ref 978-84-615-8277-8
Sinopse
Neste proxecto conflúen alumnos, profesores, profesionais dos medios de comunicación, antropólogos, artistas, deseñadores e diferentes persoas e entidades que colaboran con Ponte…nas ondas! Esta unión, ao longo dos anos, fixo posible que unha modesta experiencia educativa se convertese nunha importante referencia no traballo transversal coa educación, a cultura, o patrimonio, as TICs e a comunicación.

Cando está a piques de cumprirse o seu vinte aniversario, Ponte…nas ondas! decide lanzar unha recompilación da súa historia, para inmortalizar todo o significado desta experiencia o traballo recóllese en catro soportes: un CD, un libro, un DVD e unha páxina web. Conxuntamente, dende o próximo 2 de decembro, desenvolverase baixo o nome NA PONTE AO VIVO unha experiencia “radiovisual” ao vivo que recorrerá Galicia e Norte de Portugal para achegar esta experiencia a cada recuncho da Eurorrexión.

O LIBRO

Duascentas páxinas nas que se describen a diversidade de ámbitos de actuación de Ponte…nas ondas! e se recollen as achegas realizadas por personalidades de cada unha das áreas que conflúen arredor desta experiencia. Inclúese unha sinopse das ponencias realizadas no Congreso Internacional “Pontes de cultura, pontes de futuro” celebrado entre Vigo e Melgaço con motivo dos 15 anos, que abriu o xornalista Manuel Campo Vidal de quen se recolle unha frase na contraportada do libro.

O ilustrador e debuxante Andrés Meixide é o responsable do diseño gráfico, das bandas deseñadas e dun artigo no propio libro. Unha ampla colección de fotografías ilustran momentos e situacións representativas das actividades realizadas por Ponte…nas ondas!

Outro apartado destaca é o adicado aos contidos do CD, incluíndo as letras e comentarios das cancións.

O libro péchase co extracto dunha colaboración de F.Fernández del Riego, a quen vai dedicado.

O CD

É unha paisaxe sonora pola que van pasando as colaboracións que artistas de tres continentes realizaron para Ponte…nas ondas!

Ábrese cunha Suite, de Xosé Manuel Budiño, que sintetiza nunha fermosa composición sonoridades e expresións dunha ponte configurada por voces de alumnos, artistas e locutores radiofónicos. A partir desta primeira composición, os temas vanse alternando nunha sucesión introducida polas voces dos alumnos que nos achegan a Recife, Maputo, Santiago, Sao Paulo, Luanda ou Madrid da man de artistas como Lenine, Timbila Muzimba, Xoan Curiel, SocorroLira, Aline Frazao ou Luís Pastor. 23 cancións que navegan nas ondas, no mar de Ponte…nas ondas!

E para pechar o disco, unha chiscadela a un momento dunha conexión da xornalista Gemma Nierga con Ponte…nas ondas! e Manu Chao.

O DVD

Contén unha mostra de diferentes contidos audiovisuais,tamén pensados para as aulas, unha serie de videoclips e extras.

A documental “Pontes nas ondas”, mostra unha ampla variedade de imaxes e colaboracións desde diferentes ámbitos relacionados coa experiencia de Ponte…nas ondas! Profesores, alumnos, exalumnos que pasaron polas actividades, artistas, historiadores, xornalistas e mesmo represantes institucionais expresan as súas opinións sobre as actividades de Ponte…nas ondas!
Os videoclips. Materiais producidos desde a fase máis “visual “ na que se divulgan colaboracións de artistas e se recollen tamén accións realizadas para divulgar o patrimonio cultural galego-portugués, como a “ocupación das pontes” por parte de xoves galego-portugueses para reivindicar a nova presentación da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego Portugués diante da UNESCO.
Extras: Contamos no mundo. Recolle a importante colaboración realizada polos narradores orais de Galicia e Portugal. Un recoñecemento ao importante labor que realizan estes novos “trobadores” na transmisión do patrimonio oral galego-portugués, como Cándido Pazó, Carlos Blanco, Paula Carballeira ou Clara Haddad.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 26.92 €
4% I.V.E. 28.00 €
Club 26.60 €

Engadir ao carro