Luís Seoane en Compostela e outros ensaios
Antón Capelan Rei

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2010
DescripciónRústica con lapelas, 282 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-8487-193-4
Sinopse
Malia perteneceren os escritores aquí considerados a xeracións literarias diferentes, cómpre sinalarmos que non faltaron as relacións entre varios deles. Eduardo Blanco-Amor sempre consideraría o director literario de Nós como un dos seus mestres gratuítos no Ourense da súa formación intelectual. Pola súa parte, con motivo do pasamento de Risco, Celso Emilio dedicaríalle na revista Destino (11-V-1963) o poema "A herdanza", que logo recompilaría en Viaxe ao País dos Ananos, xa sen dedicatoria.
Son ben coñecidas as relacións polémicas entre Celso Emilio Ferreiro e Luís Seoane na posguerra, orixinadas pola imaxe que dá da emigración o celenovés nese volume de 1968, pero non se ha de desatender nese enfrontamento tanto a traxectoria política do poeta de Celanova durante a Guerra Civil como a súa ascendencia estética sobre os membros das novas xeracións a partir dos anos sesenta.
As cartas que Luís Seoane dirixe a Blanco-Amor testemuñan cumpridamente a súa admiración polo novelista ourensán, a quen lle edita A esmorga, mais non debemos ocultar as escasas relacións habidas entre eles en Bos Aires, a pesar de participaren os dous nas actividades culturais do Centro Galego e de sucedérense na dirección da revista Galicia. Do que non hai dúbida é da grande admiración que sentía Blanco-Amor polo artista coruñés, como proban os diferentes artigos que sobre el publicou desde a década dos cincuenta.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 18.27 €
4% I.V.E. 19.00 €
Club 18.05 €

Engadir ao carro