Indignádevos!
Stéphane Hessel
Tradución: Fernando Moreiras

Editorial Vigo. Faktoría K de libros, 2011
DescripciónRústica con lapelas, 48 páxs., 13,5 x 20
ISBN / ref 978-84-15250-06-7
Sinopse

“…Facemos un chamamento ás novas xeracións para revitalizaren e transmitiren o herdo da Resistencia e os seus ideais. Nós dicímoslles: tomade o relevo, indignádevos! Os responsables políticos, económicos e intelectuais, e o conxunto da sociedade, non deben renderse nin deixarse amedrentar pola actual ditadura internacional dos mercados financeiros, que ameaza a paz e a democracia”.   (Stéphane Hessel).

 “…O primeiro valor do texto é ese rescate das palabras. Das palabras que denuncian o espolio da condición humana, a subtracción dos avances e conquistas sociais. E das palabras que nos convocan, que nomean, como a liberdade e a xustiza, os máis preciosos dons, e que constitúen o núcleo programático do que poderiamos chamar partido da humanidade. Esa dobre condición, a de denuncia, mais tamén de enerxía alternativa, é o que sitúa a Indignádevos! na estirpe dos mellores textos vindicativos, ese tipo de epístolas necesarias que a humanidade se dirixe a si mesma e intres históricos…”. (Fragmento do prólogo de Manuel Rivas).

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 4.81 €
4% I.V.E. 5.00 €
Club 4.75 €

Engadir ao carro