Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial
María Xosé Queizán

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2010
DescripciónRústica con lapelas, 158 páxs., 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-9914-197-8
Sinopse
A escritora británica Mary Wollstonecraft Shelley espertou cedo o interese dos estudos feministas. A súa completa educación, pouco habitual nas mulleres da época, permitiulle crear a figura literaria de Frankenstein.
Nese ensaio, a escritora María Xosé Queizán, coa excelente pulsión literaria que a caracteriza, adéntrase na personalidade da creadora británica, convidándonos a unha viaxe a través da súa biografía, a través do contexto sociopolítico do seu tempo, da revolución industrial, e tamén en torno ao poder que emana do seu personaxe de ficción, o imperecedoiro Frankenstein e o seu significado posterior.
Mary Wollstonecraft Shelley herda da súa nai, a autora da Vindicación dos dereitos da muller, morta dez días despois do parto, a súa conciencia feminista e a busca dun racionalismo ilustrado.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 17.21 €
4% I.V.E. 17.90 €
Club 17.00 €

Engadir ao carro