Modelo Burela
Matías Nicieza

Editorial Concello de Burela - I.E.S. Perdouro, 2009
DescripciónDVD
ISBN / ref 45665445602009
Sinopse

Co obxectivo de profundizar no proceso de normalización lingüística entre a poboación de Burela, no mes de novembro de 2007 unha representación do IES Perdouro entregou ao Cronista Oficial da localidade -e este transmitiu copia aos partidos políticos, en calidade de lexítimos representantes da cidadanía- un proxecto de Innovación Lingüística premiado pola Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Dado que o contido do citado proxecto estaba centrado na dinamización lingüística no ámbito local, o grupo de traballo do centro educativo quixo con el contribuír á elaboración dun Plano de Normalización Lingüística municipal entregando de xeito altruísta unha base de traballo.
Os grupos políticos representados no Concello de Burela valoraron moi positivamente as propostas contidas no documento e asumiron unanimemente o obxectivo de dotar a primeira institución municipal dun programa de actuacións encamiñadas a reforzar os usos do idioma galego e, simultaneamente, a favorecer a fluidez comunicativa noutras linguas tamén de proxección internacional. Con esta importante variación no conxunto dos obxectivos centrais -máis ambiciosos neste caso-, naceu o presente Proxecto de Planificación Lingüística, para cuxa redacción se tivo moi en consideración a programación elaborada no centro educativo.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 10.00 €
21% I.V.E. 12.10 €
Club 11.50 €

Engadir ao carro