A memoria e o esquecemento
O franquismo da provincia de Pontevedra
Gonzalo Amoedo López

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2010
DescripciónRústica con lapelas; 534 páxs.; 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-9914-192-3
Sinopse
Convencido de que achegar á sociedade o nome das vítimas, as voces e os lugares é insuficiente, o autor afonda na memoria colectiva ata dar cos que compuxeron o heterodoxo grupo dos erguidos en armas contra a II República, os cómplices necesarios, as razóns da súa alianza e o porqué dos seus actos e do seu acomodo no partido único. En A memoria e o esquecemento tamén aparece recollido como, despois de trinta e nove anos, moitos deles iniciaron un doce aggiornamento que os levou a atravesar o Rubicón da transición convertidos en demócratas. Froito da súa pescuda en arquivos do país pouco explorados ata o momento, Gonzalo Amoedo analiza de forma exhaustiva neste libro a organización interna da Falanxe na provincia de Pontevedra. O autor informa dos distintos sectores da sociedade que participaron nos actos da represión que se produciron durante os anos da ditadura franquista achegando datos e materiais que serán de inescusable referencia no futuro.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 23.17 €
4% I.V.E. 24.10 €
Club 22.89 €

Engadir ao carro