Festa da palabra silenciada nº 26
Actualizar a Rosalía
Mª Xosé Queizán (dirección)

Editorial Vigo. FIGA, 2010
DescripciónRústica; 150 páxs.; 22,5 x 23 cm
ISBN / ref 1139-4854-26
Sinopse
Cando se achega a data -24 de febreiro- na que se conmemora o nacemento de Rosalía de Castro, aparece un novo número da Festa da palabra silenciada que, nesta ocasión, se suma ao evento ofrecendo un monllo de lecturas ensaísticas vertebradas arredor da polifacecia creativa da nosa poeta nacional por excelencia.

Deste xeito, e coincidindo tamén co vinte e cinco aniversario da aparición da segunda entrega da revista tamén dedicado, naquela altura, a Rosalía de Castro, a publicación feminista dirixida por María Xosé Queizán que tanto coadxuvou, antes e agora, a visibilizar aspectos da obra rosaliana que se pasaban por alto ofrece, no corpo central da entrega, ensaios interpretativos que veñen da man de Helena González, Pilar G. Negro, Aurora López e Andrés Pociña, a propia María X. Queizán, Mª Xesús Lama, Afonso Becerra, Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda e Kirsty Hooper iluminando zonas de sombra ou abrindo novos camiños, respectivamente, sobre a denominada “vindicación que artella a nación”, arredor da súa obra en entendida como “ágora temática feminista e feminina”, verbo da súa presenza e medios xornalísticos ou literarios do seu tempo, arredor da temática do suicidio, achegándose as súas ideas estéticas, analizando a pulsión dramática da súa obra, desvelando a amizade catalá mantida con Agna de Valldaure ou exhumando a presenza das viaxeiras británicas a Galicia e a súa poesía. Achegas, todas elas, erixidas desde a reflexión para o espallamento de moitos valores aínda por desempoar ou fixar.

A revista complétase coas habituais seccións de actualidade en forma de recensións, análise da obra literaria de autoras, política internacional e outros diversosn asuntos vinculados co feminismo e coa cultura en xeral.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 9.62 €
4% I.V.E. 10.00 €
Club 9.50 €

Engadir ao carro