Isto é Londres
Miroslav Sasek

Editorial Santiago de Compostela. El Patito Editorial, 2010
DescripciónCapa dura con sobrecuberta, 62 páxs., 23 x 31
ISBN / ref 978-84-938225-8-3
Sinopse
Isto é Londres é o segundo dos álbums creados polo ilustrador checo Miroslav Sasek (1916-1980) dedicados ás cidades do mundo, que recupera El Patito a partir da súa edición orixinal de 1959. A obra presenta, cunha ollada brillante e ateigada de encanto, un percorrido pola cidade de Londres co que gozarán tanto os pequenos lectores coma os adultos pola exposición directa e sinxela dos textos e as súas sempre sorprendentes ilustracións. Sasek evoca o espírito da cidade, que nos recibe coa súa característica brétema e nos despide coa chuvia, amosando unha completa información sobre as súas xentes, a indumentaria, o transporte local, os parques, as prazas, o río, a hora do té, o caos de Piccadilly... Outra viaxe da man dun clásico.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 12.50 €
4% I.V.E. 13.00 €
Club 12.35 €

Engadir ao carro