Simbiose
Ialma

Editorial Do Fol Música, 2011
DescripciónCD
ISBN / ref 804071002136
Sinopse
As belgas de orixe galega Ialma publican Simbiose, o que é o seu cuarto traballo co que ademais celebran o seu décimo aniversario como formación. As cinco cantareiras fillas da emigración galega usan de novo as súas raíces culturais musicais como base para este disco no que tamén achegan outras influencias musicais modernas na procura dun traballo diferente e especial con respecto aos anteriores. Nos doce temas que integran Simbiose poden atoparse sons tradicionais galegos mesturados con rap, música medieval ou pop e a colaboración do 10 artistas galegos de 10 disciplinas que pechan o círculo dos seus 10 anos de traballo conxunto. Así contan coa colaboración do escritor Xavier Queipo, o rapeiro El Puto Coke, Uxía e Quique Peón entre outros. Ialma son Nuria Aldao, Natalia e Verónica Codesal, Magali Menéndez e Marisol Palomo.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 15.68 €
21% I.V.E. 18.97 €
Club 18.02 €

Engadir ao carro