Águeda e o misterio dos calcetíns
Paula Señarís

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2011
DescripciónRústica, 86 páxs.; 13 x 20
ISBN / ref 978-84-9865-333-5
Sinopse
Águeda é unha rapaza ben particular. E está a piques de comezar unha aventura inesperada cando se ve obrigada a deixar a comodidade da vida na cidade para marchar cara un mundo máis "rural" que, en principio, semella que non lle apetece moito coñecer…

O debut literario de Paula Señarís, un libro curioso e moi divertido, que non renuncia a explicarnos a maxia que anda solta por aí onde menos se lle espera. Águeda era unha tranquila cativa de cidade coa vida máis que ordenada. Todo está no seu sitio e todo está controlado… ata que por esas cousas das leas dos maiores, que non hai quen os entenda, vai verse obrigada a marchar para o campo. Menos mal que o seu fiel can, Pitelo, vai canda el. O choque da nena urbanita co agro vai ser brutal… pero as aventuras van ser do máis emocionantes.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 10.10 €
4% I.V.E. 10.50 €
Club 9.98 €

Engadir ao carro