Novas Aventuras de Dick Turpin
Víctor Mora
Ilustración: Santiago Martín Salvador

Editorial Santiago de Compostela. El Patito Editorial, 2010
DescripciónCapa dura, 206 páxs.; 17,5 x 25
ISBN / ref 978-84-93104-3-6
Sinopse
Volume que pon a disposición dos lectores a serie de dezaseis entregas, creada na década dos setenta por Víctor Mora (Barcelona, 1931) e Santiago Martín Salvador (Madrid, 1935). Inspirándose nas dimensións lendarias que adquiriu, xa entre os seus contemporáneos, a vida real do bandoleiro e salteador inglés do século XVIII Richard Turpin e as súas recorrentes falcatruadas contra os poderosos que ousaban atravesar o bosque de Epping, Mora escribe unhas aventuras orixinais debedoras do espírito adquirido polo personaxe en distintas creacións literarias e adaptacións cinematográficas de gran popularidade. Pola súa parte, Martín Salvador desprega o seu talento no que atinxe á planificación das páxinas, á esmerada ambientación das aventuras e ao atuendo do afouto e arteiro espadachín. Unha interesante e coidada recuperación de todo un clásico, instalado no imaxinario dunha xeración de afeccionados aos cadernos que recollían as aventuras deste heroe enmascarado, quen de seducir tamén aos lectores de hoxe en día.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 17.31 €
4% I.V.E. 18.00 €
Club 17.10 €

Engadir ao carro