Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación
María Pilar García Negro (ed.)

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2010
DescripciónRústica con lapelas, 254 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-8487-195-8
Sinopse
Agrándase, co paso do tempo, a personalidade e a obra de toda unha vida de RICARDO CARVALHO CALERO (1910-1990). Non as cualificaremos como irrepetíbeis, mais si, desde logo, como irrepetidas até o presente. Varias circunstancias invulgares concorren para xustificarmos tal afirmación. Leitor precoz desde moi neno, axiña esta dedicación leitora ha de se converter en vocación escritora e, así, de moi cedo van datar as súas primeiras incursións poéticas. Bacharel aos quince anos, tenos aínda cando accede ás aulas da Facultade de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
Coñecida a súa traxectoria, ao longo de nada menos que cincuenta anos, desde o inicio da década dos cuarenta até o momento mesmo do seu falecemento, tal semella que a tormenta e o tormento da guerra civil española, o seu desenlace, funcionasen á maneira dunha especie de catarse ascética ou ascetismo catártico que o fortificase de por vida para todo o que, non leve, precisamente, lle restaba por experimentar.
Nas décadas seguintes, foi a súa unha actividade incesante na investigación literaria, nos estudos gramaticais e lingüísticos, na crítica, no traballo de campo e na análise literaria e historiográfica, para alén de non abandonar nunca o cultivo da convencionalmente chamada literatura de creación, que serviu igualmente en todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro.
Esta edición de textos -homenaxe no centenario do seu nacemento- recolle unha pequena antoloxía significativa do traballo do maior e mellor polígrafo da súa xeración, con achegas fundamentais para o estudo das nosas letras, tanto polo seu rigor canto pola súa vixencia.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 16.35 €
4% I.V.E. 17.00 €
Club 16.15 €

Engadir ao carro