Toponimia e cartografía
Varios autores
Xulio Sousa Fernández (editor)

Editorial Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega, 2010
DescripciónRústica con lapelas; 338 páxs.; 17 x 24
ISBN / ref 978-84-92923-08-3
Sinopse
Os estudos de toponimia aproveitáronse sempre das contribucións achegadas desde outras disciplinas para explicar a orixe, historia e distribución dos nomes de lugar. Coa colaboración da xeografía, a historia, a antropoloxía, a botánica, a economía e a lingüística, entre outras disciplinas, os estudos de toponimia arrequéntanse e desenvólvense de xeito máis completo. Neste sentido, a cartografía, como representación gráfica do territorio, aparece como disciplina estreitamente vinculada cos estudos toponímicos. Os mapas funcionan como soportes, en ocasións únicos, dos nomes do territorio e a toponimia é unha parte fundamental da representación cartográfica. Nas últimas décadas, a aplicación dos sistemas de información xeográfica para a análise de datos toponímicos fixo aínda máis patente a utilidade da combinación de toponimia e cartografía.
A intención dos organizadores deste simposio é ofrecer unha panorámica dos estudos que, desde distintas disciplinas, explotan cientificamente a conxugación da investigación toponímica e da análise cartográfica. Os participantes convidados son especialistas en xeografía, historia, dialectoloxía e historia da lingua que nos seus traballos tiran rendemento da representación cartográfica dos nomes de lugar. Os temas das conferencias procuran ofrecer unha panorámica xeral dos estudos interdisciplinares de toponimia, especialmente das achegas feitas desde a xeografía, a historia e a lingüística. Por unha parte cóntase coa participación de investigadores do ámbito da xeografía que están a traballar ou traballaron en proxectos vinculados coa toponimia e por outra con colaboradores de proxectos e investigacións que aproveitaron a cartografía toponímica para obter resultados sobre a evolución e descrición dos sistemas lingüísticos. As conferencias pretenden tamén dar a coñecer ós asistentes o estado de desenvolvemento destes proxectos, a metodoloxía que se está a utilizar, os resultados que deica agora se obtiveron e as perspectivas futuras.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 14.42 €
4% I.V.E. 15.00 €
Club 14.25 €

Engadir ao carro