Larpancia saborosa do lobo e a raposa
Bernardino Graña

Editorial O Ferrol. Edicións Embora, 2010
DescripciónRústica con lapelas, 56 páxs., 13 x 21
ISBN / ref 978-84-92644-29-2
Sinopse
Larpancia saborosa do lobo e a raposa é o título da obra coa que o escritor cangués gañou o V Premio Estornela de Teatro para Nenos.
Subliñou o xurado que se trata dunha “farsa de monifates nun lance”, dunha fábula versificada para ser representada con monifates, monicreques ou actores. Tamén que “exemplifica de xeito humorístico o mundo dos contrastes, o do reino animal fronte ao dos humanos, a inxenuidade fronte á ambición e a cobiza”. Ocorre no contexto do campo, e “procura un ambiente bucólico, no que a lingua ten un papel moi importante á hora de facer próximo o texto e mesmo recrear expresións e léxico propios do galego máis patrimonial”.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 9.62 €
4% I.V.E. 10.00 €
Club 9.50 €

Engadir ao carro