Unha estratexia marítima para Galicia
Varios autores
Manuel M. Varela (coord.)

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2010
DescripciónRústica con lapelas, 172 páxs., 13,5 x 21
ISBN / ref 978-84-9865-341-0
Sinopse
Este libro reúne as achegas dun grupo de especialistas relacionados coa economía e co mar e procedentes das tres universidades galegas, de institutos e centros de investigación e divulgacón mariños.

Galicia ten unha ampla e profunda tradición mariña e marítima. En Galicia, cultura, economía e sociedade están fortemente vencelladas ao mar. Somos cada vez máis coñecedores das potencialidades que xorden no medio como consecuencia da crecente actividade humana.

O obxectivo deste volume é reflexionar sobre as estratexias de futuro para Galicia no ámbito mariño. A análise desenvólvese dende diferentes ángulos temáticos e perspectivas, coa idea de contribuír a un maior coñecemento do mar e da realidade a el asociada.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 21.83 €
4% I.V.E. 22.70 €
Club 21.57 €

Engadir ao carro