Ultreia!!!
Ultreia

Editorial MurGaliza, 2009
DescripciónCD
ISBN / ref 8436030492485
Sinopse
Ofrecémosvos unha viaxe musical por terras de cultura galego-portuguesa, percorrendo tres partes do Camiño de Santiago que levan ao Finisterre europeo. Escoitaredes cantos e tocatas dos que ben puideron gozar os camiñantes que por alí pasaron. Ultreia!!! O primeiro dos nosos romeiros percorre o Camiño do Norte. O segundo peregrino percorre o Camiño Portugués do interior. O terceiro viaxeiro diríxese á Costa da Morte partindo do Fundão, no distrito de Castelo Branco, na rexión Centro de Portugal. Unha vez chegados a Santiago de Galicia, xuntos os nosos tres romeiros, camiñan cara á Costa da Morte polo Camiño de Fisterra-Muxía. Pasando por Carnota, viaxan a Fisterra onde acadan por fin o punto máis occidental do continente. Seguen a súa viaxe cara ao norte ata chegar a Ponteceso, onde rematará a súa viaxe musical, e a vosa tamén.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 13.47 €
21% I.V.E. 16.30 €
Club 15.48 €

Engadir ao carro