1Q84
Libros 1 e 2
Haruki Murakami
Tradución: Mona Imai, Gabriel Álvarez Martínez

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2010
DescripciónRústica con lapelas, 928 páxs., 13,5 x 21
ISBN / ref 978-84-9865-325-0
Sinopse
Trátase dun dos proxectos máis ambiciosos do escritor xaponés, máis de novecentas páxinas das que xorde un universo novelesco único, un magma narrativo poderoso, unha ficción que ilumina oblicuamente o mundo no que estamos a vivir.
Aomame é unha asasina que non deixa trazas nas súas vítimas, coma se finasen de morte natural.
Tengo é un profesor e autor inédito ao que lle piden que reescriba unha novela abraiante mais imperfecta.
E Fukaeri é unha estudante cuxos pais, membros dunha comuna chamada Amencer, levan sete anos desaparecidos.
A novela desenvólvese sobre o pano de fondo da historia contemporánea, das sectas relixiosas, do maltrato e da corrupción, un universo enrarecido no que o narrador escarabella para desvelar outra realidade oculta.
Traducida directamento do xaponés para o galego 1Q84 é o terceiro título de Murakami publicado por Galaxia, que antes tirara do prelo a novela Tras do solpor e o libro Do que estou a falar cando falo de correr.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 26.15 €
4% I.V.E. 27.20 €
Club 25.84 €

Engadir ao carro