Linda á espreita
Alexander Steffensmeier

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2009
DescripciónCapa dura, 32 páxs.; 23, x 31
ISBN / ref 978-84-9914-063-6
Sinopse
Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa. Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo. No entanto, haberá alguén ao seu carón que o axudará. Linda á espreita de Alexander Steffensmeier é un fascinante álbum ilustrado sobre unha vaca á espreita, un carteiro perseguido e unha granxeira que só quere recibir, por fin, un paquete san. Linda á espreita é a primeira entrega desta serie protagonizada por esta simpática vaca. Composta, ata o momento, por tres títulos, foi un éxito de vendas en Alemaña dende a súa aparición en 2006. En torno a esta serie lévanse publicados libros para colorear, libros de cociña para nenos e diversos produtos de merchandising.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 12.69 €
4% I.V.E. 13.20 €
Club 12.54 €

Engadir ao carro