O Ghaiteiro do Piñeiro
José Fernández Canosa

Editorial Vigo. Edicións do Cumio, 2010
DescripciónCD
ISBN / ref 8482890002142
Sinopse
O traballo José Fernández Canosa. O Ghaiteiro do Piñeiro engádese á colección Os nosos Gaiteiros, que nace coa vocación de recoller e difundir a arte dos nosos músicos tradicionais. O gaiteiro do Piñeiro, barrio da localidade canguesa de Aldán, foi un dos fundadores do lendario grupo Airiños do Piñeiro, á marxe de participar como gaiteiro en cuartetos do Morrazo como os Airiños do Mar do Hío, os Airiños do Castelo ou os Airiños do Liboeiro. Pero un dos labores máis destacables de José é o mantemento da tradición dos Cantos de Reis e as Dansas de Carnaval que se conservan na parroquia, tradición que ten tamén representación neste disco. Na gravación interveñen xunto con José outros músicos populares que, con él, manteñen aínda vivos os xéneros populares característicos do Nadal e do Entroido.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 11.12 €
21% I.V.E. 13.46 €
Club 12.78 €

Engadir ao carro