Ferrol, a fotografía antigua
(1858-1904)
Guillermo Escrigas

Editorial O Ferrol. Edicións Embora, 2009
DescripciónCapa dura, 122 páxs.; 26 x 21,5
ISBN / ref 978-84-92644-13-1
Sinopse
Ferrol, a fotografía antiga nace da exposición A Fotografía Decimonónica en Ferrol, a mostra coa que se inauguraba en outubro de 2008 o calendario de actos para conmemorar o aniversario da concesión do título de cidade por parte da raíña Isabel II. Era precisamente a raíña Dona Sofía a encargada de presidir a apertura da exposición no mesmo Museo de Herrerías. Comisionada por Guillermo Escrigas, estaba composta por un centenar de imaxes de diversos fondos, tanto museísticos como particulares, agrupados en sete bloques temáticos. Entre eles, a xente, os barcos, as costumes e as visitas reais. Así, a través delas, o visitante podía realizar unha retrospectiva do Ferrol do século XIX e inicios do XX, momento no que a vila de Ferrol daba o salto a cidade. De feito, a primeira fotografía da mostra databa de 1858, unha imaxe tomada por José María González en San Campio, nos días previos á visita de Isabel II a Ferrol. O libro de fotografías abrangue tamén un centenar de imaxes, aínda que dun periodo máis amplo que o da exposición. Así, recolle a historia da cidade entre 1858 e 1904. Son 122 páxinas nas que se mostran as imaxes en bitono, respetando ao máximo os orixinais e cunha breve reseña que inclúe autor, ano e título.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 21.15 €
4% I.V.E. 22.00 €
Club 20.90 €

Engadir ao carro