Obras de referencia

Andel recomenda aos seus visitantes unha escolma das novas obras.

As Irmandades da Fala (1916-1931)
Nos inicios do pasado século XX tecíanse relacións fecundas entre os máis relevantes valores da Galiza. Relacións que darían lugar a iniciativas de grande e decisiva importancia, caso das Hirmandades dos Amigos da Fala. Unha organización que, desde o seu nacemento na primavera do...
Peixes e mariscos
Achegar a un público amplo a riqueza e fartura dos produtos do mar é unha das razóns deste libro, elaborado con receitas de peixes e mariscos.

Partindo dos saberes populares de cociña do mar en Galicia, Benigno Campos seleciona 150 das súas receitas máis coñecidas,...
Atlas lingüístico galego. VI

Fento, feito, feita, folgueira... Noz, concho, carolo... Cerdeira, cereixeira, cereixal, xinxeira... A variedade do galego é unha riqueza que non sempre sabemos apreciar nin aproveitar e que adoita provocar interminables intercambios de ...

Marcelino Gómez Arias
Marcelino Gómez Arias naceu nunha humilde familia da montaña do occidente asturiano a fins do século XIX. Emigrou a América sendo case un neno, traballou e formouse pola súa conta ata conseguir acadar un alto nivel intelectual, ao adquirir estudos políticos, xurídicos, xornalísti...
Escrita doada
Escribir ben é unha habilidade que calquera persoa querería para si. En ocasións, pode parecernos fácil expresar por escrito aquilo que temos na cabeza, mais, cando nos poñemos á faena, decatámonos de que quizais non é todo tan achanzado como planearamos. Así e todo, a escribir t...
Guía das plantas de Galicia
A Guía das plantas de Galicia, editada por vez primeira en 2008 e que levaba varios anos esgotada, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos polo seu contorno.

Comentarios:Andelvirtual
Copyright 98-2017 Andelvirtual - Todos os dereitos reservados

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
¿Como Comprar?