Como Comprar?

A seguinte explicación detalla os pasos a seguir para realizar unha compra en Andel Virtual.
 

1) Para atopar a obra que desexa mercar, ten dúas opcións:
Realizar unha busca temática a través do buscador localizado na beira superior esquerda da páxina principal oa facer una busca por categorías premendo sobre as mesmas no lateral esquerdo, de xeito que unha vez que piquemos sobre a categoría seleccionada, encontraremos unha lista completa de libros de dito tema.

2) Na lista de libros por categorías, poderemos observar unha pequena imaxe do libro e unha breve descripción do mesmo, para obter máis detalles do libro facemos un click na imaxe ou no título.

3) A seguinte imaxe amosa en detalle cadansúa das partes da ficha do libro escollido. (1) Amosa o título do libro que seleccionamos. (2) Vese a imaxe do libro en pequeno. (3) Amósase en detalle a descripción do libro, a editorial, o ISBN e unha sinopse do libro. (4) Vese o prezo do artigo sen e con IVA, máis abaixo atópase o botón para agregar ao cesto de compra.

4) Unha vez que esteamos seguros que desexamos adquirir o artigo, podemos ver o prezo do mesmo con con e sen IVA, e presionamos o botón "Engadir ao carro".

5) Cando engadimos un artigo amosarase no carriño da compra, cun resume dos artigos que queremos e o prezo.

6) Se desexamos terminar coa compra, procedemos a completar os pasos que se nos amosan a dereita (1), neste caso, pasaremos a dar os nosos datos (2). Se se é socio do Club Andel, pode identificarse e os datos obteranse automáticamente da súa información persoal.

7) No paso 3 escolleremos a forma de pago e de envío que prefiramos. Se se equivoca nalgún momento, pode volver a calquer paso anterior e correxir os datos, do mesmo xeito, pode usar as frechas para ir ao seguinte ou anterior paso.
Contamos con 3 formas de pago:
• Contra Reembolso: A través deste sistema abonamos o pedido xunto có envío unha vez que chega ao noso domicilio.
• Transferencia: La Caixa 2100/4831/90/2200007778. Enviar xustificante por e-mail: pedidos@andelvirtual.com
• Pago seguro Caixa Galicia (Tarxeta de crédito con servidor seguro)

8) No seguinte paso procederase a confirmar o pedido. Preséntase un resume dos datos de envío e pagamento, así como un resume do cesto da compra, debemos verificar que os datos sexan correctos e pulsamos o botón de "Confimar o pedido". Aparecerá unha páxina que lle permitirá imprimir unha factura da súa compra.

10) Se escollemos a terceira opción ¨Pago seguro Caixa Galicia", o navegador redireccionaranos a un servidor seguro para completar a transacción cós datos da tarxeta de crédito.

11) Unha vez ingresados os datos requeridos confirmarase que xa completamos a transacción. Diante de calquer inconvinte ou dúbida pode contactar connosco:
Tel.: (+34) 986 239 000

pedidos(arroba)andelvirtual.com

libros galegos

 


Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah