Sempre Castelao

2000

No ano que se conmemora o Cincuentenario do pasamento de Castelao Andel quere facer unha pequena homenaxe a este home senlleiro e alicerce da Patria Galega, así como ofrecer unha selección de obras disponibles do noso fondo en catálogo.

                             

RESEÑAS BREVES SOBRE CASTELAO:

Hai homes que pasan pola vida deixando un ronsel luminoso, unha fonda pegada, unha marca indeleble. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é, sen dúbida, un destes homes sobranceiros da Galicia do século XX; un home polifacético, escritor, debuxante, caricaturista, pintor, humorista, novelista, autor teatral… Pero, ademais, foi un político modélico, exemplar, considerado o pai do nacionalismo galego do século XX.

Avelino Pousa Antela, Presidente da Fundación Castelao


Nalgunha ocasión lembrei como coñecín a Castelao. Foi nos finais do ano 1931. Era eu rapaz aínda, pero xa tocado da fascinación que sobre a mocidade do meu tempo exercía a súa persoa e a súa obra. Nos libros narrativos e de debuxos que andara a facer adeprendín a sentir, a pensar nos atributos da alma galega. Poucas figuras do país terán sido directores espirituais de xeracións sucesivas na intensidade, na extensión con que foi Castelao.

Francisco Fernández del Riego, Presidente da Real Academia Galega


Castelao foi un home políticamente comprometido dende moi novo, primeiro co maurismo do seu pai en Rianxo, logo e xa definitivamente co nacionalismo a partir da fundación das primeiras Irmandades da Fala en 1916. Porén, non emerxe como un auténtico dirixente político ata 1930-1931, no tránsito á Segunda República.

Justo G. Beramendi, Catedrático de Historia Contemporánea


A obra de Castelao presenta unha unidade indisociable, e esta unidade resulta evidente cando se achega a ella fragmentadamente, dende unha visión illada do seu labor como artista plástico, como narrador, como ensaísta. Calquera perspectiva fragmentada, que non tivese en conta os aspectos complementares, ofrecería unha visión polo feito mesmo de ser unha visión parcial. Por riba destes aspectos aparantemente diversos en que se manifestou a capacidade creativa de Castelao está a súa vocación política, e esta vocación é a clave de todo o seu labor por diversificado que pareza.

Basilio Losada Castro, Catedrático de Galaico-Portugués


Poucos documentos poden ser máis decisivos cós diarios para o coñecemento dunha persoa. En canto que confesións ou páxinas confidenciais, acostuman ser moi boa materia para achegarnos a un directo e íntimo coñecemento do autor. Documentos, polo demais, ben escasos entre nós, como é sabido. Por iso, o
Diario 1921 que Castelao escribiu nese ano co gallo dunha viaxe artística súa por Francia, Bélxica e Alemaña, non publicado ata 1997, constitúe hoxe documento de especial interese para o coñecemento de tan esgrevia figura.

X. L. Franco Grande, Académico

Castelao estaba dotado dun talento pouco común para o exercicio das artes. Escribiu unha única novela, Os dous de sempre, pero foi a mellor da súa xeración; fixo unha soa obra de teatro, Os vellos non deben de namorarse, que segue a ser das creacións maís interesantes da dramaturxia galega; as narracións breves de Cousas e Retrincos son xoias das nosas letras; os ensaios, sempre orixinais e engaiolantes; na plástica acadou altísimo nivel e ata seica lle daba con xeito a música.

Siro López, Humorista gráfico


Castelao naceu en Rianxo no 1886 e con once anos o levaron á República Argentina, de onde voltou para Galiza no 1900. Luís Seoane naceu no 1916 na República Argentina e os seus pais, emigrantes o mesmo que os pais de Castelao, o trouxeron para Galiza no 1916. Castelao e Seoane coñeceron, pois, as esperanzas e o drama da emigración que vai a estar presente nas súas obras, cunha mesma visión e denuncia.

Isaac Díaz Pardo, Intelectual, artista e empresario

OBRAS DE CASTELAO EN CATÁLOGO:

SEMPRE EN GALIZA
OS DOUS DE SEMPRE
RETRINCOS. UN OLLO DE VIDRO
OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORASE
COUSAS 

Cousas dos nenos
COUSAS DA VIDA. MULLERES
COUSAS DA VIDA. HOMES
COUSAS DA VIDA. VELLOS
COUSAS DA VIDA. ANIMAIS


CINCUENTA HOME POR DEZ REAS

CASTELAO. DIARIO 1921
CASTELAO CADERNOS, ESCOLMA 1938-1948
DEBUXOS DE NEGROS
12 ESTAMPAS
AS CRUCES DE PEDRA NA GALIZA
AS CRUCES DE PEDRA NA BRETAÑA
ALBUM NÓS
GALICIA MARTIR. ATILA EN GALICIA. MILICIANOS
VERBAS DE CHUMBO

OBRAS SOBRE CASTELAO EN CATÁLOGO:

OBRA DE CASTELAO: TOMO I (Obra literaria)
OBRA DE CASTELAO: TOMO II (Conferencias e discursos)
OBRA DE CASTELAO: TOMO III (Artigos políticos. Varia)
OBRA DE CASTELAO: TOMO IV (Sempre en Galiza)
OBRA DE CASTELAO: TOMO V (Epistolario)
OBRA DE CASTELAO: TOMO VI (Escritos de arte)
OBRA DE CASTELAO: TOMO VII (Para ler a Castelao 1)
OBRA DE CASTELAO: TOMO VII (Para ler a Castelao 2)
CENTENARIO DE CASTELAO NA LEMBRANZA (Fundación Castelao, 1997)
CASTELAO DE VIVA VOZ: CONFERENCIAS E DISCURSOS (Fundación Castelao, 1996)
CASTELAO ANTE LA MEDICINA (Ramón Baltar Domínguez)
CASTELAO E A CUESTIÓN DO ENSINO (Avelino Lage Casal)
90 ANIVERSARIO 1907- 1997 (A Nosa Terra)
A NARRATIVA DE CASTELAO (Manuel Rosales)
CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA (Valentín Paz-Andrade)
AS CARTAS DE AMÉRICA (A Nosa Terra)
CASTELAO (OS NOSOS HUMORISTAS, Edición de Clodio González Pérez)
CASTELAO HUMORISTA (Siro López)
CASTELAO: CARICATURAS E AUTOCARICATURAS (Clodio González Fernández)
ESCRITOS SOBRE CASTELAO (Ricardo Carvalho Calero)
PRESENCIA DE CASTELAO NA ACADEMIA (textos inéditos e outras páxinas)
CASTELAO CORENTA ANOS DESPOIS (David Otero)
A MIÑA AMIZADE CON CASTELAO (Ramón Otero Pedrayo)
VIDA E PAIXÓN DE CASTELAO (Xosé Núñez Búa)
CASTELAO NA GALIZA DO SÉCULO XX (Actas do Simposio)
LA PERSECUCIÓN DE CASTELAO DURANTE EL FRANQUISMO (Carlos Fernández Santader)
CASTELAO DENDE CATALUNYA (Xosé Lois García)
CASTELAO Y LOS VASCOS (Idatz Ekintza, 1985)
CASTELAO Y NOSOTROS LOS COMUNISTAS (Santiago Álvarez)
CASTELAO (Pepe Carreiro)
ALFONSO DANIEL CASTELAO (Manuel Rei Romero)
CASTELAO (David Otero)
CASTELAO (Xosé A. Neira Cruz)
ALFONSO R. CASTELAO (Henrique Monteagudo)
COROA POÉTICA PARA CASTELAO (X. Alonso Montero)
ARTE E VERDADE (A obra literaria de Daniel Castelao)
FUNDAMENTOS ANTROPOLÓXICOS DA OBRA DE CASTELAO (Anxo González Fernández)
CASTELAO EN CUBA (Xosé Neira Vilas)
CASTELAO ARTISTA (Luis Seoane)
1937, CASTELAO E SOUTO EN VALENCIA (Pablo Porta Martínez)
DE CASTELAO A MAO (Fermí Rubiralta Casas , Ed. Laiovento)
ACTAS DO CONGRESO DE CASTELAO (só tomo II)
SÁTIRA Y TRAGEDIA EN LAS IMÁGENES DE CASTELAO (Valeriano Bozal)
CENTENARIO DE CASTELAO NA LEMBRANZA, 1986 (Edición de: X. Amancio Liñares Giraut)
CASTELAO EN CUADERNOS PARA EL DIÁLOGO (facsímile)
EXILIO DE CASTELAO (Bieito Alonso)
A VOLTA DE CASTELAO (Manoel Riveiro Loureiro)
CONVERSAS CON TERESA CASTELAO (Manuel Dourado Deira)
LOS HIJOS CAUTIVOS DE BREOGÁN (Victoria Armesto)
A IDEA DE NACIÓN EN CASTELAO (Ramón Máiz)
CASTELAO por Siro e Mazaira (Nova Galicia, 1987)
CASTELAO SEGUNDO RAÑOLAS. Vida e obra de Castelao (Marilar Aleixandre)
CASTELAO OU A PAIXÓN DE GALIZA I (Daniel Cortezón)
CASTELAO OU A PAIXÓN DE GALIZA II (Daniel Cortezón)

Comentarios:Andelvirtual
Copyright 98-2016 Andelvirtual - Todos os dereitos reservados


Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah