Aviso Legal

datos e confidencialidade

En cumprimento da Lei Orgánica 5/92 de 29 de Outubro do Tratamento Automatizado de Datos ("LORTAD"), comunicamoslle o seguinte: Para que poida formalizar o contrato de compra-venda, é necesario estar rexistrado como usuario con anterioridade. Os datos necesarios para o rexistro, só se usarán para facer a factura e o envío dos artigos afectos por este contrato; non usándose para ningún outro fin. Unha vez rexistrado e aceptada a modalidade de pago, amosaránse os datos relativos ao pedido: datos persoais do consumidor e a relación de artigos co prezo e cantidade correspondente a cada un deles. Os prezos levan incluído o Imposto de Valor Engadido (IVA). Unha vez que se preme o botón "CONTINUAR", enténdese que o consumidor acepta os artigos solicitados, a cantidade e o prezo correspondente a cada un deles, a forma de envío e os gastos de envío se os houbese. O consumidor pode imprimir o documento que aparece na pantalla que terá a validez dun albará. Nese momento envíase un correo electrónico ao cliente para indicarlle que se fixo un pedido no seu nome e que sendo certo, procederase a enviarlle o material solicitado. Podendo rexeitar dito pedido mediante a comunicación por correo electrónico. Si por algún motivo os datos introducidos como usuario non son os correctos, o consumidor poderá rectificalos enviando un correo electrónico cos datos correctos a  andel@andelvirtual.com, e deste xeito refacer o albará e/ou factura que se remitirán por correo ordinario.

Por mor do cumprimento da mencionada Lei Orgánica 5/92 de 29 de Outubro do Tratamento Automatizado de Datos ("LORTAD"), vostede poderá decidir libre e voluntariamente se desexa subministrar información a Andelvirtual.com con ocasión da suscripción ou alta nalgún dos servizos e/ou promocións ofrecidos por medio do seu sitio en Internet.

Tipo de información solicitada

Cando se rexistre para recibir os nosos servizos, vostede proporcionará voluntariamente a información persoal que se lle solicite en cada caso. Tamén lle será solicitada dita información noutras oportunidades, como por exemplo, cando participe en promocións auspiciadas por Andelvirtual.com.

Finalidade da recompilación de datos

O propósito de Andelvirtual.com. cando reúne información persoal dos seus usuarios, é ofrecer un servizo o máis personalizado posible. Grazas a esta información Andelvirtual.com estará en condicións de ofrecerlle un mellor servizo, con contidos acordes coas súas necesidades e intereses.

Confidencialidade da información

Andelvirtual.com comprométes a non revelar os datos persoais que poidan servir para identificalo en forma individual, incluída a información que vencelle o seu nome de usuario no sitio www.andelvirtual.com co seu verdadeiro nome, agás que teña expresa autorización, ou cando lle fose requirido por orde xudicial ou legal, ou para protexer os dereitos de Andelvirtual.com.

Os acordos específicos de aceptación de condicións por parte dos usuarios, e as regras dos concursos e as promocións, tamén poden incluír detalles sobre o uso compartido da información.

Andelvirtual.com pode divulgar estatísticas globais dos usuarios para describir os nosos servizos aos socios potenciais, anunciantes e outros terceiros, ou para outras fins lexítimas.

Protección contra terceiros

Andelvirtual.com  adoptou medidas de seguridade de protección de datos e instalou todos os instrumentos técnicos ao seu alcance para evitar a perda, uso indebido, alteración, acceso non autorizado ou roubo dos datos persoais que lle fosen facilitados. Isto non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables. O usuario acepta que Andelvirtual.com non será responsable polos danos, de calquera natureza, que poidan derivarse para o mesmo ou para terceiros, derivados directa ou indirectamente do uso sitio.

Así mesmo, os sitios e servizos de Internet aos que accede a través de www.andelvirtual.com, poden recabar información sobre a súa persoa pedíndolla directamente e ter procedementos de reunión de información e privacidade propios, independentes dos de Andelvirtual.com. Polo que non ten responsabilidade por esas accións ou políticas independentes.

Envío de correos promocionais

Andelvirtual.com poderá enviarlle, se vostede nalgún momento proporcionou o seu enderezo de correo electrónico, información relacionada coas súas páxinas en Internet e outros productos e servizos que considere poden chegar a ser do seu interese. Sempre terá a opción de darse de baixa da lista de xeito que non recibirá máis esta clase de mensaxes.

Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal

De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, vostede ten en todo momento a posibilidade de acceder aos datos que proporcionara, modificalos, eliminalos ou opoñerse a eles, para o cal pode dirixirse por correo electrónico, ou se o prefire, tamén por escrito (non se esqueza de incluír o seu nome, enderezo postal e / ou enderezo de correo electrónico) a: andel(arroba)andelvirtual.com

Aceptación dos termos

Se o usuario utiliza os servizos proporcionados a través do sitio de Andelvirtual.com, significa que leu, entendeu e acepta en forma expresa os termos antes expostos. Entenderase así mesmo que cada vez que o usuario acceda ao sitio, acepta de forma expresa as normas de privacidade vixentes. Se non está de acordo con elas, o usuario non deberá proporcionar ningunha información persoal, nin utilizar o servizo porque non está autorizado para facelo.

Datos FISCAIS - Denominación Social:

Andelvirtual.com, Enderezo: Avda. das Camelias, 102 Vigo (Galiza, UE) Correo electrónico: andel(arroba)andelvirtual.com

(Entidade fiscal) X. Nogueira Meixe - NIF: 34926188-K

Comentarios: Andelvirtual
Copyright 98-2016 - Todos os dereitos reservados



Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah