Ditos de Andel

Un home é un home, un gato é un becho.
O que ten cú, ten medo.
Prometer ata meter, e logo de metido, nada do prometido.
Un tolo fai un cento.
O que menos corre,voa.
Quen ben quere, tarde olvida.
O casado casa quere.
Non hai peor xordo que o que non quere oír.
Malo virá que bo me fará.
Morto o can, acabou a raiba.
Ao pan duro, dente agudo.
Amor que non é atrevido non é favorecido.

Quen moito ve , moito aprende.
Gaivotas á terra, mariñeiros á merda.
Mal de moitos consolo de bobos.
Home casado pero non capado.
¡A boa horta fuches buscar o nabo!
Fanas os cochos e páganas os vacoriños.
¡Saltou Pedro do balado!
¡Madia leva!
Ano de moras, ano de choras.
Ano de herba, ano de merda.
A vaca se non come canda os bois, ou come antes ou despois.
Andar coma os gatos á xaneira.
O que nunca tivo nada e agora ten un porquiño anda todo o día: currichiño, currichiño.

Home pequeno fol de veneno.
O que ronda muller allea perde o fillo e "lla" feitura
.
Cabalo grande, ande ou non ande.
Un home, é un home, non é unha verza.

No mes de "mayo", aínda a vella queima o tall
o.
O porquiño polo que vale.
Auga de San Xoán quita viño e non dá pan.

Cría corvos e quitaranche os ollos.
Pensa o ladrón que todos son da súa mesma condición.
Auga pasada non move muíño.
Ao pan, pan, e ao viño, viño.

Onde menos se pensa salta a lebre.
Sarna con gusto non pica.

Máis vale malo coñecido que bo por coñecer.
Como o que asa a manteca no guizo.
A cabalo regalado non se lle mira o dente.
Xente nova e leña verde todo é fume, xente vella e leña seca todo é lume.
Na casa do ferreiro coitelo de pao.

O amor e o meniño onde topan acariño.
Non as de anoxar a quen tes que contentar.
Sempre vai a lingua onde doe a moa.
Ano acabado e porco cebado son contento e regalo.

O ben feito ben parece.
Un día ensina a outro día.
Besta vella non entra en paso.
Aprende e cala, quen máis erra que máis fala.
Quen moito ve moito aprende.
Quen ara por xaneiro ara para o ano enteiro.
Hoxe por min e mañá por ti; todo che a de quedar aquí.
Amor pobre e leña verde tamén arden, se se acenden.
Obras son amores e non palabras doces.
Labra no fondo, se queres ter pan dabondo.
Á árbore sen froito chámolle leña para o lume.
Amor como o da nai, non o hai.
Arco da vella ó anoitecer, bo tempo ó amañecer.
Mal se esconde o lume que no peito arde.
Cada casa, polo seu arrendo.
Non hai amor como primeiro, nin lúa coma a de xaneiro.
O que ten arte vai por todas partes.
Taberna vella non precisa na porta ramalleira.
Burro pexado non salta valado.
Amor que se muda cando quer, amor non pode ser.
Neste mundo redondo o que non sabe nadar vaise ao fondo .
Hai camiños novos por atallos vellos.
Cara de beato e unllas de gato.
O que garda, sempre ten.
Fai máis o que quere que quen pode.




Se quere estar ao tanto das nosas novidades, envíe unha mensaxe co asunto suscribirse simplemente premendo Aquí



Comentarios: Andelvirtual
Copyright 1998-2015 Andelvirtual - Todos os dereitos reservados



Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah